Competition in this pair is now closed, and the winning entry has been announced. Discussion and feedback about the competition in this language pair may now be provided by visiting the "Discussion & feedback" page for this pair. Entries may also be individually discussed by clicking the "Discuss" link next to any listed entry. Source text in English A theme of the age, at least in the developed world, is that people crave silence and can find none. The roar of traffic, the ceaseless beep of phones, digital announcements in buses and trains, TV sets blaring even in empty offices, are an endless battery and distraction. The human race is exhausting itself with noise and longs for its opposite—whether in the wilds, on the wide ocean or in some retreat dedicated to stillness and concentration. Alain Corbin, a history professor, writes from his refuge in the Sorbonne, and Erling Kagge, a Norwegian explorer, from his memories of the wastes of Antarctica, where both have tried to escape.
And yet, as Mr Corbin points out in "A History of Silence", there is probably no more noise than there used to be. Before pneumatic tyres, city streets were full of the deafening clang of metal-rimmed wheels and horseshoes on stone. Before voluntary isolation on mobile phones, buses and trains rang with conversation. Newspaper-sellers did not leave their wares in a mute pile, but advertised them at top volume, as did vendors of cherries, violets and fresh mackerel. The theatre and the opera were a chaos of huzzahs and barracking. Even in the countryside, peasants sang as they drudged. They don’t sing now.
What has changed is not so much the level of noise, which previous centuries also complained about, but the level of distraction, which occupies the space that silence might invade. There looms another paradox, because when it does invade—in the depths of a pine forest, in the naked desert, in a suddenly vacated room—it often proves unnerving rather than welcome. Dread creeps in; the ear instinctively fastens on anything, whether fire-hiss or bird call or susurrus of leaves, that will save it from this unknown emptiness. People want silence, but not that much. | The winning entry has been announced in this pair.There were 4 entries submitted in this pair during the submission phase. The winning entry was determined based on finals round voting by peers.
Competition in this pair is now closed. | Un aspecto da época, cando menos no mundo desenvolvido, é que a xente devece polo silencio e mais non encontra ningún. O ruxir do tráfico, os tons incesantes dos teléfonos, os anuncios dixitais en buses e trens e os televisores atronadores mesmo en oficinas baleiras conforman unha batería interminable de distraccións. A raza humana estase a derrear a si mesma con ruído e ansía o oposto —ben sexa na natureza, no vasto océano ou nalgún retiro dedicado ó sosego e á concentración—. Alain Corbin, profesor de historia, escribe desde o seu refuxio na Sorbona e Erling Kagge, explorador noruegués, desde as súas memorias sobre os residuos da Antártida, onde ámbolos dous tentaron evadirse. E aínda así, tal como sinala Corbin en «A History of Silence» (Historia do silencio), probablemente non haxa máis ruído do que había antes. Antes das rodas neumáticas, as rúas das cidades estaban cheas do enxordecedor resoar das rodas de bordes metálicos e das ferraduras dos cabalos na pedra. Antes de chegar ó illamento voluntario nos teléfonos móbiles, nos autobuses e trens reinaba a conversa. Os vendedores de periódicos non deixaban as súas mercadorías feitas unha montaña de silencio, senón que as promocionaban ó máximo volume, cousa que facían os comerciantes de cereixas, de violetas e de xarda fresca. O teatro e a ópera eran un caos de hurras e apupadas. Mesmo no campo, os campesiños cantaban mentres traballaban coma burras de carga. Agora xa non cantan. O que mudou foi non tanto o nivel de ruído, do que tamén se queixaban nos séculos anteriores, senón o nivel de distracción, que ocupa o espacio que podería estar invadido polo silencio. Avecíñase outro paradoxo, pois cando chega a súa invasión —nas profundidades dun piñeiral, no deserto nu, nun cuarto desocupado de súpeto—, a miúdo se amosa desacougante máis ca benvida. O temor vaise achegando: o oído aférrase instintivamente a calquera cousa, ben á crepitación do lume, ó piar dos paxaros, ben ó susurro das follas, que se tornará a salvación deste baleiro descoñecido. A xente quere silencio, mais non tanto. | Entry #23099 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Winner Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
40 | 9 x4 | 1 x2 | 2 x1 |
- 2 users entered 3 "like" tags
- 2 users agreed with "likes" (3 total agrees)
- 2 users entered 9 "dislike" tags
- 2 users agreed with "dislikes" (3 total agrees)
- 1 user disagreed with "dislikes" (3 total disagrees)
-1 +1 1 — | Punctuation | M.S. | |
+1 1 susurro | Mistranslations Castelanismo | M.S. | |
| Un dos temas principais da nosa época, polo menos no primeiro mundo, é a busca do silencio. O ruxido dos coches, os incesantes pitos dos móbiles, locucións en autobuses e trens, televisións a todo volume ata en oficinas baleiras… Distraccións constantes. O ser humano está esgotado de ruído e busca o contrario, ben sexa en campo aberto, no océano ou nunha viaxe dedicada á tranquilidade e á concentración. O profesor de historia Alain Corbin escribe dende o seu refuxio na Sorbona, e o explorador noruegués Erling Kagge faino dende os seus recordos dos páramos antárticos. Ámbolos dous buscan escapar. Non obstante, segundo o señor Corbin en “A History of Silence”, é probable que os niveis de ruído non aumentasen co tempo. Antes dos pneumáticos, as rúas das cidades estaban cheas dos ruídos causados por rodas metálicas e ferraduras nas pedras. Antes de que nos illásemos voluntariamente nos móbiles, os autobuses e os trens alborotábanse con conversas. Os vendedores de xornais non quedaban calados, senón que anunciaban os seus produtos a todo volume, como os de cereixas, violetas e os peixeiros. Os teatros e óperas eran un caos de vivas e cadeiras. Ata os gandeiros e agricultores cantaban mentres traballaban. Hoxe en día xa non o fan. O que cambiou non foron os niveis de ruído, dos que tamén se queixaba a xente séculos atrás, senón os niveis de distracción, que ocupan un espazo que o silencio pode invadir. Aquí agárdanos outro paradoxo: cando o silencio invade (nas profundidades dunha carballeira, nun árido deserto ou nunha habitación baleira de súpeto) ponnos nerviosos no canto de tranquilizarnos. Comezamos a asustarnos, o noso oído tenta buscar calquera ruído, ben sexa o crepitar do lume, os píos dun paxaro ou o murmurio das follas. Algo que nos salve dese descoñecido baleiro. A xente busca o silencio, pero non tanto. | Entry #22789 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
23 | 2 x4 | 7 x2 | 1 x1 |
- 1 user entered 2 "like" tags
- 2 users agreed with "likes" (2 total agrees)
( | Other correcto | M.S. No agrees/disagrees | |
+2 1 murmurio | Good term selection | M.S. | |
- 3 users entered 13 "dislike" tags
- 1 user agreed with "dislikes" (1 total agree)
busca | Other It doesn't cover all the meaning from the source text | Iria Carballo No agrees/disagrees | |
viaxe | Other Not necessarily a travel I think... | Iria Carballo No agrees/disagrees | |
Ámbolos dous buscan escapar. | Mistranslations Tratando de non arriscar perdeuse o sentido da frase. | M.S. No agrees/disagrees | |
peixeiros | Other The text specifies that the product sold is mackerel (not any fish). | Iria Carballo No agrees/disagrees | |
cadeiras | Mistranslations | M.S. No agrees/disagrees | |
carballeira | Other Not oaks, but pines. | Iria Carballo No agrees/disagrees | |
| Un problema destes tempos, polo menos no mundo desenvolvido, é que a xente anhela silencio e non o pode atopar. O estrondo do tráfico, o incesante son dos teléfonos, os avisos electrónicos en buses e trens, os televisores atronando ata en oficinas baleiras, conforman un constante bombardeo e distracción. A especie humana estase a agotar co ruído e ansía o contrario, ben sexa no bosque, no vasto océano ou nalgún retiro dedicado á calma e á concentración. Alain Corbin, profesor de historia, escribe dende o seu refuxio na Sorbona e Erling Kagge, explorador noruegués, faino dende as súas memorias da inmensidade da Antártica, lugares onde ambos os dous tentaron escapar. E aínda así, como sinala Corbin en «A History of Silence», probablemente non haxa máis ruído do que solía haber. Antes dos neumáticos, o ensordecedor repiqueteo dos bordos metálicos das rodas e as ferras batendo contra o chan de pedra enchía as rúas das vilas. Antes do illamento voluntario nos teléfonos móbiles, as conversas resoaban en buses e trens. Os vendedores de xornais non os deixaban nunha pila silenciosa, senón que os anunciaban a viva voz, como tamén facían os vendedores de cereixas, violetas ou xarda fresca. O teatro e a ópera eran un caos de barullo e berros. Incluso no campo, os labregos cantaban mentres traballaban. Agora non cantan. Non cambiou tanto o nivel do ruído, do que tamén se queixaban en séculos anteriores, senón o nivel de distracción, que ocupa o espacio que podería invadir o silencio. Esto leva a outro paradoxo, porque cando o silencio se estende (no profundo dun pinar, no deserto, nunha habitación repentinamente baleira) a menudo resulta desconcertante no canto de benvido. Xurde o medo; e o ouvido, de xeito instintivo, céntrase en calquera cousa, o crepitar do lume, o canto dos paxaros ou o susurro das follas, que o poida salvar dese vacío descoñecido. A xente quere silencio, mais non tanto. | Entry #22771 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
18 | 2 x4 | 2 x2 | 6 x1 |
- 2 users entered 10 "dislike" tags
- 3 users agreed with "dislikes" (7 total agrees)
- 1 user disagreed with "dislikes" (2 total disagrees)
-1 1 non o pode atopar | Grammar errors | M.S. | |
-1 1 Incluso | Other Castelanismo | M.S. | |
+2 1 a menudo | Other Castelanismo | M.S. | |
+2 1 susurro | Mistranslations Castelanismo | M.S. | |
| Un tema da idade, polo menos no mundo desenvolto, é que as pésoas ansía o silencio e non pode atopar ningún. O ruxido do trafico, o siñuelo incesante dos teléfonos, os anuncios dixitais en autobuses e trens, conxuntos de TV a todo volume mesmo en oficinas baleiras, son como as pillas sen fin e unha distracción. A raza humana estase esgotando co ruído e ansíea para o oposto – sexa na natureza salvaxe, no longo do océano o nalgún retiro dedicado a estar quieto e meditar. Alain Corbin, un profesor de historia, escribe desde o seu refuxio en Sorbonne, e Erling Kagge, un explorador noruegués dende as súas memorias dos desfeitos de Antártica, onde ambos os dous tentaron escapar. E aínda, coma o Sr. Corbin sinala en “Historia do Silencio” probabelmente non ha mais ruído que adoita ser. Ante dos pneumáticos, as rúas da cidade estaban cheas de chafaras enxordecedoras das rodas de metal e as ferraduras dos cabalos sobre a pedra. Antes de o illamento voluntario dos móbiles, autobuses e trens soaba coas conversacións. Os vendedores de periódicos non deixaron as súas mercadorías en unha pila muda, mais anunciábanlles a todo volume, como tamén os vendedores de cereixas, violetas e sardiñas frescas. O teatro e a opera era o caos dos hurra e do alento. Mesmo no campo, os campesiños cantaban mentres traballaba como un escravo. Agora xa non cantan. O que mudou non e tanto o nivel de ruído, sobre o cal nos séculos anteriores tamén queixábanse, mais o nivel de distracción, o cal ocupa o espazo do silencio que podería invadir. Alí ameaza outro paradoxo, porque cando invade – nas profundidades dun bosque de piñeiros, nun deserto espido, nun cuarto de súpeto desocupado – a miúdo adoita resultar desconcertante e non benvido. O medo colase; o ouvido instintivamente se adhire a calquera cousa, xa sexa asubío de lume ou a chamada dunha ave ou murmurio de follas, que a salvarán deste silencio baleiro descoñecido. A xente quere silencio, pero non tanto. | Entry #22478 — Discuss 0 — Variant: Not specifiednone
Voting points | 1st | 2nd | 3rd |
---|
0 | 0 | 0 | 0 |
- 3 users entered 27 "dislike" tags
- 3 users agreed with "dislikes" (15 total agrees)
| Other Tradución literal que non soa nada ben | M.S. | |
+1 1 pésoas | Spelling | M.S. | |
ansía | Grammar errors | M.S. No agrees/disagrees | |
+1 son como as pillas sen fin e unha distracción | Other Soa mal | M.S. | |
– | Punctuation | M.S. No agrees/disagrees | |
| Spelling Castelanismo | M.S. | |
Sorbonne | Spelling There is an accepted translation: Sorbona | Iria Carballo No agrees/disagrees | |
desfeitos de Antártica | Mistranslations It refers to the immensity of the place not the rubbish. | Iria Carballo No agrees/disagrees | |
+1 non ha mais ruído que adoita ser | Other ??? | M.S. | |
+2 1 autobuses e trens soaba coas conversacións | Inconsistencies Non ten sentido | M.S. | |
deixaron | Mistranslations Tempo verbal incorrecto | M.S. No agrees/disagrees | |
| Grammar errors Erro gravísimo, propio dun non nativo. | M.S. | |
sardiñas | Mistranslations Son xardas, non sardiñas. | M.S. No agrees/disagrees | |
era | Inconsistencies | M.S. No agrees/disagrees | |
alento | Mistranslations | M.S. No agrees/disagrees | |
os campesiños cantaban mentres traballaba como un escravo | Inconsistencies | M.S. No agrees/disagrees | |
– | Punctuation | M.S. No agrees/disagrees | |
colase | Grammar errors | M.S. No agrees/disagrees | |
o ouvido instintivamente se adhire | Syntax | M.S. No agrees/disagrees | |
| | | | | X Sign in to your ProZ.com account... | | | | | | ProZ.com translation contestsProZ.com translation contests offer a fun way to take a break from your normal routine while testing and honing your skills with fellow translators.
ProZ.com Translation Contests. Patent pending. |